Friday 03 de May de 2024

Comezará o 1 de agosto e estenderase ata o 15 de setembro


O concello asumirá durante este verán a función do comedor social de Cáritas a través dun servizo de cátering

Un verán máis e coincidindo co peche estival do comedor social de Cáritas o Concello decidiu asumir esta función proporcionando alimentación ás persoas máis necesitadas do municipio, segundo foi aprobado en xunta de goberno local.

Este servizo non terá lugar mediante un comedor físico se non a través dun servizo de cátering, de tal xeito que os usuarios recibirán de forma individual packs envasados cun primeiro prato, un segundo prato, postre, pan e auga.

Estará operativo de luns a venres entre o vindeiro 1 agosto e o 15 de setembro (na segunda quincena volverá a funcionar o comedor de Cáritas).

Os Servizos Sociais Comunitarios e o Servizo de Drogodependencia coordinarán cales serán as persoas receptoras, estimándose en 15 usuarios.

Cómpre lembrar que o Concello de Riveira conta con outros mecanismos para atender as demandas de alimentación e outras necesidades básicas dos veciños en base á nova ordenanza de inclusión social.